Terapias Nova Era

Novo conxuro da queimada transmutado

Mouchos, curuxas e ras,
anxos, duendes e fadas,
espíritos das neboadas veigas,
cas, pegas e meigas,
rabo ergueito de gato manso,
e todos os remedios das menciñeiras,
podres cañotas furadas,
fogar de vermes e alimañas,
luz da santa compaña,
mal de ollo negros meigallos,
cheiro noxento, tronos e raios,
fuciño de porco e pe de coello,
ladrar de raposo, rabiño de martuxa,
ouveo de can, pregoeiro da morte,
pecadora lingua de mala xente,
murmuradores e calumniadores,
mentireiros, traidores, enganadores,
lumes fatuos da noite de san silvestre,
maltratadores de corpos,
e peidos dos cus,
bruar da mar embravecida,
agoiro de naufraxios,
maullar de gatos que andan a xaneira,
guedella porca de cabras e coellos,
con este cazo e o poder de deus creador,
levantarei as cachamas deste lume,
que se asemella ao de San Xoan,

e os malfeitizadores absorbendo os males,
liberan a todos os inocentes ficando purificados todos os males,
algúns fuxirán a cabalo das súas escobas para írense o seu lugar,
no mar de tristeza,
oíde, escoitade estos ruxidos,
son as maldades e meigallos,
que están a purificarse nestas chamas espirituosas,
e cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos todos libres,
dos males da nosa alma,
e de todo embruxamento,
forzas do ar terra auga e lume,
a vos fago esta chamada,
se é verdade que tendes mais poder,
ca humana xente,
limpade de maldades a nos aterra,
e facede que aquí agora todos os seres,
en amorosa amizade,
compartan con nós esta queimada.